Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Martes, 13 de febreiro de 2018 Páx. 10047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2018 pola que se modifica a Resolución do 2 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato do servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da Zona Norte, suxeito a regulación harmonizada (expediente 3/2018/CNTSE).

No punto 1.c.6 da Resolución do 2 de febreiro de 2018, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 28, do 8 de febreiro de 2018, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato do servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da Zona Norte da entidade pública Portos de Galicia, suxeito a regulación harmonizada, disponse que o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) se poderán obter no perfil do contratante, no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=252817

Advertidos erros no contido do CCC que rexerá a dita licitación, no anexo referido no número 29 do dito CCC, relativo á información sobre as condicións de subrogación laboral a que se refire o artigo 120 do TRLCSP, en relación co persoal adscrito ao Servizo de limpeza e de recollida e transporte de residuos dos portos dependentes da Zona Norte da entidade pública Portos de Galicia, na epígrafe referida ás datas de antigüidade dos traballadores, resulta necesario efectuar a corrección das datas erróneas recollidas no dito apartado.

Por medio desta resolución dáse publicidade da modificación do contido do anexo do CCC, relativo á información sobre as condicións de subrogación laboral, e déixese sen efecto o anexo publicado o 2 de febreiro de 2018 no perfil do contratante.

– Obtención de información e da documentación corrixida:

1. Entidade: División de Contratación de Portos de Galicia. Teléfono: 881 99 52 70.

2. Enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=252817

– Prazo de presentación de proposicións:

Á vista do anterior, ábrese un novo prazo de presentación de ofertas para participar na licitación convocada para adxudicar, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, o contrato de servizos de referencia, que finalizará ás catorce (14.00) horas do día 26 de marzo de 2018.

– Data de apertura de ofertas: a apertura pública das ofertas técnicas (sobre B) levarase a cabo nun prazo non superior a sete (7) días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre A. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o primeiro día hábil seguinte.

– Data de envío do anuncio de modificación ao Diario Oficial de la Unión Europea: 7 de febreiro de 2018.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia