Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9849

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación do servizo de retirada de vehículos con guindastre (expediente 41/17).

Mediante Acordo da Xunta de Goberno local do 29 de decembro de 2017 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 41/17).

2. Obxecto do contrato: retirada de vehículos con guindastre.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinario/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 16.000 € (13.223,14 € máis 2.776,86 en concepto de IVE); polo prazo de 2 anos.

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 3 de xaneiro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa