Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación dos servizos de limpeza viaria durante as fins de semana e os festivos (expediente 29/17).

Mediante o Decreto da Alcaldía do 29 de decembro de 2017 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 29/17).

2. Obxecto do contrato: servizos de limpeza en fins de semana e festivos.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 252.648 € (208.800 € máis 43.848 en concepto de IVE), polo prazo de 12 meses.

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 2 de xaneiro de 2018

Eva García de la Torre
Alcaldesa