Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Luns, 12 de febreiro de 2018 Páx. 9784

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (25/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 25/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Verónica Troiteiro Quinteiro contra Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul, Fogasa, se ditaron as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do tenor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 298/2017 do 16 de xuño de 2017 ditada no procedemento ordinario 874/2014 a favor da parte executante, Verónica Troiteiro Quinteiro, fronte a Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul, Fogasa, parte executada, por importe de 4.730,58 euros en concepto de principal (3.563,16 euros en concepto de diferenzas salariais, 967,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 473,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así, acórdao e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

O/a letrado/a da Aministración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018.

Parte dispositiva.

En orde a dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir o executado Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 4.730,58 euros en concepto de principal (3.563,16 euros en concepto de diferenzas salariais, 967,42 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior, 200 euros en concepto de honorarios de letrado), máis outros 473,05 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0025 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá o embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul, co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O/a letrado da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alfonso Balo Silva-Café Bar Cousins-Loto Azul, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza