O día 22 de novembro de 2017 a persoa encargada do Rexistro de Parellas de Feito na provincia de Lugo formulou un requirimento de documentación relativo ao procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, expediente
LU-2016/0027, cuxo contido se recolle de xeito resumido no anexo a este anuncio.
O dito requirimento non se puido notificar persoalmente á persoa interesada. Polo tanto, consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), realízase esa notificación mediante a publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado, así como no Diario Oficial de Galicia.
A persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días a partir da publicación deste anuncio para presentar a documentación requirida. De non facelo así, teráselle por desistida da súa solicitude, polo que se ditará resolución de arquivamento desta, sen prexuízo de que poida volver presentar máis adiante unha nova petición de cancelación.
O texto íntegro do acto que se notifica, así como o resto do expediente, atópase á disposición da persoa interesada na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A eficacia desta notificación queda supeditada á publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Lugo, 16 de xaneiro de 2018
José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Procedemento: cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (PR212E).
Núm. de expediente: LU-2016/0027.
Persoa interesada: Carmen Teresa Díaz Guevara.
Acto que se notifica: requirimento de documentación.
Documentación requirida: a que acredite que a comunicación relativa á vontade de extinguir a parella de feito foi recibida polo outro membro da parella.