Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Gijón/Xixón

EDICTO de procedemento de execución de títulos xudiciais (74/2017).

Gonzalo Pérez Vázquez, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Xixón, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 74/2017 deste xulgado do social, sobre cantidade, se ditou a resolución cuxos datos se fan constar a seguir, da cal os interesados poderán ter coñecemento íntegro na oficina xudicial, e contra a cal cabe interpor o recurso que se indica:

– Resolución: auto do 30.5.2017.

– Prazo para a interposición do recurso de reposición: tres días.

– Empresa a que se notifica: Trabajos y Servicios Lema Maroñas, S.L.U.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Xixón, 18 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza