Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 9 de febreiro de 2018 Páx. 9536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, polo que se fai pública a notificación do expediente de suspensión condicional PSC-CO-0224/2017 e un máis.

Intentada sen éxito a notificación persoal, de conformidade co disposto no artigo 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícase ás persoas que a seguir se relacionan no anexo a resolución relativa ao procedemento de solicitude de suspensión condicional que solicitaron no seu día.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Así mesmo, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os prazos empezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE. Os expedientes relacionados a seguir están á disposición dos interesados na Consellería do Mar (San Caetano s/n, Santiago de Compostela), teléfono 981 54 61 63.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-0224/2017-PRE

José Antonio Vigo Rego

32359615H

Resolución de reposición

Arenal, 5, 15123 Camariñas, A Coruña

PSC-PO-0706/2016-COP

Mª del Mar Outeiral Fernández

76502076M

Resolución de reposición

Lugar Esteiro, 113, Cabo de Cruz, 15939 Boiro, A Coruña