Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación dunha póliza de seguro de accidentes para o alumnado (expediente P3/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-servizos centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: 36310 Vigo.

4º. Teléfono: 986 81 35 51.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: P3/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: privado.

b) Descrición: póliza de seguro de accidentes para o alumnado da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: non procede.

e) Duración do contrato: dous (2) anos.

f) Admisión de prórroga: si, por períodos anuais ata un máximo de dous (2) anos.

g) CPV: 66512000-2.

CPA: 65.12.1.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación.

1º. Oferta máis económica (oferta prezo beneficiario/mes): 45 puntos.

2º. Mellora de capitais asegurados: 10 puntos.

3º. Presentación dun corredor: 10 puntos.

4º. Calidade do programa de xestión e tramitación de sinistros: 10 puntos.

5º. Redución ao máximo dos riscos excluídos: 5 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 104.676 €.

5. Orzamento base de licitación: o importe máximo de licitación (prima anual por alumno) refírese á modalidade 1 e é de 1,3 euros (recargas e impostos incluídos).

O importe que se aboará por cada alumno é de 10,7 euros na modalidade 2 e manterase inalterable durante toda a duración inicial do contrato ou, de ser o caso, das súas prórrogas).

6. Garantías exixidas. Provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, impostos e recarga incluídos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla resumo de características (FRC).

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. Non obstante, se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade, endenterase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia. Servizos centrais, planta baixa. As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas do Edificio de Xerencia e servizos centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 1.300 euros.

Vigo, 31 de xaneiro de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
Por delegación (Resolución do 29.6.2017; DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo