Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-FE-0328/2017-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-FE-0328/2017-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento, as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, de acordo co artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para presentar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo anteriormente citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co disposto no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-FE-0328/2017-PPM

Ángel Martínez Díaz

32701018D

Inicio

r/ Quintanilla Martínez, torre 2, Edif. 7, 11 D, Ferrol

PSC-FE-0361/2017-PPM

Antonio Robles Vera

21990098M

Inicio

r/ Número Uno, 5º A, Benferri

PSC-FE-0388/2017-PPM

Yago Rey Muñoz

41582786M

Inicio

r/ Galiñeiro, 15, Mugardos

PSC-FE-0390/2017-PPM

Óscar Brián Cabana Picos

32714758H

Inicio

r/ Rosalía de Castro, 5, 3º, Mugardos

PSC-FE-0409/2017-PPM

Manuel Pedreiro López

32626916J

Inicio

r/ Floreal, 7, 4º C, Cedeira

PSC-FE-0470/2017-PPM

Miguel Ángel Pérez Corral

32690142N

Inicio

r/ Tellerías, 27, Fene