Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2018 pola que se anuncia a corrección de erros nos pregos publicados mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de soporte técnico especializado e xestión de aplicacións e servizos TIC na Administración de xustiza (expediente AMT-2018-0004), e se abre un novo prazo de presentación de ofertas.

Como consecuencia da corrección de erros nos pregos para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017 (data de envío ao DOUE) e publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 1, do 2 de xaneiro de 2018, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

https://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=243117

Segundo. Esta corrección afecta o prazo de presentación de ofertas recollido no punto 9 da dita resolución:

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificador ao Diario Oficial de la Unión Europea: 2 de febreiro de 2018.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas finaliza o 14 de marzo de 2018.

Santiago de Compostela, 2 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia