Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9294

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo para a elaboración dun estudo de necesidades sanitarias da poboación de Cangas e Moaña (expediente AB-SER3-17-051).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número do expediente: AB-SER3-17-051.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: elaboración dun estudo de necesidades sanitarias da poboación de Cangas e Moaña (Pontevedra).

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71317210-8.

d) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 186, do 29.9.2017, na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 29.9.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria y documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio e non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 35.000,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 35.000,00 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 42.350,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 10 de xaneiro de 2018.

c) Contratista: Gestión de Proyectos y Tecnologías Médicas, S.L.

d) Importe ou canon máximo de adxudicación. Importe neto: 34.900,00 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 42.229,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración atópanse publicados no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2018

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos