Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 8 de febreiro de 2018 Páx. 9205

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se modifica a Resolución do 24 de xaneiro de 2018, relativa á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016.

Por Resolución do 24 de xaneiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 1 de febreiro) procedeuse á publicación do modelo definitivo de respostas dos distintos exercicios e as puntuacións provisionais da fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016.

Advertido polo órgano de selección un erro material na transcrición do modelo definitivo de respostas publicado na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) procede efectuar a oportuna corrección previo o seu anuncio no Diario Oficial de Galicia, coa xeración dunha nova listaxe de puntuacións provisionais da fase de oposición e a reapertura do prazo de reclamación previsto na base oitava da Resolución de convocatoria do proceso.

En consecuencia, este centro directivo, de conformidade coa antedita base

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade, a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) á corrección do modelo definitivo de respostas, aprobado polo órgano de selección, correspondente a cada un dos exercicios que integran a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de traballador/a social, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016 (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017).

Segundo. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), as puntuacións provisionais obtidas polos/as aspirantes presentados/as aos exercicios da fase de oposición do citado proceso selectivo, resultantes da antedita corrección.

Terceiro. Contra esta resolución, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días hábiles seguintes á súa publicación, unicamente de existiren erros na confección aritmética da puntuación obtida.

A reclamación deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberá dirixirse á sede do tribunal a efecto de comunicacións, situada na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos