1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
b) Dependencia que tramita o expediente: servizos centrais da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
c) Obtención de documentación e información: enderezo da internet do perfil do contratante: www.sede.vigo.org/expedientes/perfilcontratante.Teléfono: 986 81 03 46. Correo electrónico: urb.scentrais@vigo.org
d) Número de expediente: 10391/407.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: servizo de seguridade e vixilancia preventiva no edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, os días laborables, das 8.00 ás 20.00 horas (12 horas/día e 2.952 horas/ano).
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Lugar de execución/entrega: Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo.
1º. Enderezo: Praza do Rei, s/n.
2º. Localidade e código postal: Vigo 36202.
e) Prazo de execución: dous (2) anos.
f) Admisión de prórroga: si; dous anos máximo.
g) CPV (referencia de nomenclatura): 79713000-5 e 79714000-2.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Valor estimado do contrato: 208.128,65 €.
5. Orzamento base de licitación: 114.470,76 € (94.603,93 € + 19.866,83 € de IVE ao 21 %) para os dous anos.
6. Garantías exixidas. Provisional (importe): non se exixe. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación.
7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (a prevista no prego de cláusulas administrativas particulares –cláusula 8.4– e no número 6 da folla de especificacións do contrato).
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: aos quince (15) días seguintes ao da última publicación deste anuncio no DOG ou no BOP.
b) Modalidade de presentación: indicada no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 13).
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, das 9.00 ás 13.30 horas (agás sábados, domingos e festivos) ou nas oficinas de Correos da forma prevista na cláusula 12.
2º. Enderezo: praza do Rei, s/n.
3º. Localidade e código postal: Vigo 36202.
4º. Enderezo electrónico: urb.scentrais@vigo.org
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: detállanse no prego de cláusulas administrativas particulares.
b) Enderezo: Praza do Rei, s/n.
c) Localidade e código postal: Vigo 36202.
d) Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: serán por conta da empresa adxudicataria.
Vigo, 1 de febreiro de 2018
O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución de 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo