Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que neste xulgado do social se ditou resolución en data do 16 de xaneiro de 2018, dirixida a Flumcisa, S.L., contra a que non se pode interpoñer recurso ningún. Faise saber igualmente que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
E para que sirva de notificación en legal forma a Flumcisa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 16 de xaneiro de 2018
María Blanco Aquino
Letrada da Administración de xustiza