Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 19 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da incoación do expediente sancionador IN635C 2017/126-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás interesadas que se relacionan no anexo a resolución e o requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a súa constancia, xunto coa carta de pagamento.

Contra a resolución do expediente de referencia, as interesadas ou os seus representantes dispoñen dun prazo dun (1) mes para interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Comunicáselles que, conforme o establecido na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento en período voluntario deberá facerse nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non é hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores exixiranse en vía de constrinximento.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2017/83-4.

Interesada: Lunas Carrera, S.L.

CIF: B27802545.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador e carta de pagamento.

Expediente de reclamación: IN635C 2017/89-4.

Interesada: Cash al Instante, S.L.

CIF: B27837574.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador e carta de pagamento.