Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8591

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de prórroga da ultraactividade do II Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo.

Vista a documentación do acordo subscrito pola comisión negociadora do III Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo, con data do 19 de decembro de 2017, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Secretaría Xeral de Emprego

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o rexistro e depósito do acordo no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaría xeral de Emprego

ANEXO

Tendo sido suspendidas, con carácter temporal, as negociacións do III Convenio colectivo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade de Vigo e segundo o previsto no artigo 86 do Estatuto dos traballadores, a comisión negociadora acorda expresamente a prórroga da ultraactividade do II Convenio colectivo (publicado no DOG do 27 de xullo de 2007) ata o 31 de decembro de 2017. No caso de que para esa data se reiniciaran as negociacións e a mesa de negociación acadara un preacordo, procederase a unha prórroga expresa ata a publicación no DOG do III Convenio colectivo que substituirá ao II Convenio colectivo.

As partes negociadoras, por maioría, manifestan a súa intención de manter as conversas precisas para poder reiniciar as negociacións do III Convenio colectivo do PAS laboral da Universidade de Vigo.