Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 7 de febreiro de 2018 Páx. 8809

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de mantemento, evolución e soporte especializado dun sistema de xestión de expedientes (expediente 2017/PA/0025).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de mantemento, evolución funcional e tecnolóxica, e soporte especializado do sistema de xestión de expedientes e outros recursos, utilizado en diversas institucións da Administración pública.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia do 18 de abril de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 178.560,00 euros (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 178.560,00 euros, máis 37.497,60 euros que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 216.057,60 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 17.11.2017.

b) Data de formalización do contrato: 15.12.2017.

c) Contratista: Nática Sistemas de Información, S.L.

d) Importe de adxudicación: 174.500,00 euros, máis 36.645,00 euros correspondente ao IVE ao 21 %, o que supón un total de 211.145,00 euros.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia