Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de operación, mantemento e mellora continua do Campus Multimedia da Universidade de Vigo (expediente 306/18).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais-Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 51.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: xscont@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 306/18.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de operación, mantemento e mellora continua do Campus Multimedia da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega: Universidade de Vigo.

e) Prazo de execución: vinte e catro meses a partir do 1 de maio de 2018, ou desde o día seguinte a aquel en que se asine o contrato se esta última data é posterior. Prorrogable por un ano.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 72000000-5 (servizo TI: consultoría, desenvolvemento de software, internet e apoio), 92100000-2 (servizos de cine e video).

h) CPA: 62.01.11 (servizos de deseño e desenvolvemento de tecnoloxías da información para aplicacións).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación:

• Oferta económica: 50 puntos.

• Calidade da memoria técnica: 50 puntos.

4. Importe de licitación: 215.000 euros sen IVE.

5. Gasto máximo autorizado: 260.150 euros (IVE incluído).

6. Valor estimado do contrato: 322.500 euros.

7. Garantías exixidas:

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista:

I. Solvencia económica financeira, solvencia técnica e profesional e concreción de solvencia: indícanse respectivamente nos puntos 11, 12 e 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 27.2.2018.

b) Modalidade de presentación de ofertas: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmo s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

10. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para os sobres B e C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar. Praza de Erasmo s/n. Campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 3.500 euros.

Vigo, 18 de xaneiro de 2018

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 29.6.2017, DOG do 10 de xullo)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo