Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2018 pola que se notifica o Acordo do 26 de outubro de 2017 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 2, sito en Tomiño, relativo ao proxecto 01619 (expediente 2016/000991).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible efectuar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlle mediante esta cédula a Rosa María Domínguez Alcalá o Acordo do 26 de outubro de 2017 mediante o que se resolve o recurso de reposición do predio número 2, sito en Tomiño, relativo ao proxecto 01619 (expediente 2016/000991), cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, e de conformidade cos artigos 10.1.i ), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o cal se expropia: 01619-LMTS e CT Baceiro. Expediente IN407A 2015/10-4. Tm Tomiño.

Nº de expediente: 2016/000991.

Persoa a quen se vai a notificar: Rosa María Domínguez Alcalá.

Expropiante: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xefatura Territorial de Pontevedra. Oficina de Vigo.

Expropiada: Rosa María Domínguez Alcalá.

Beneficiario: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Predio nº: 2.

Concello: Tomiño.

Provincia: Pontevedra.

Valoración da resolución do Xurado: 1.081,52 €.