Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8552

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2018 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2017000474 e once máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpor directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interporse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01544, vía de alta capacidade Carballo-Berdoias. Clave: Ac/06/140.01.75.

Concello: Coristanco. Provincia: A Coruña.

Expropiante: CMATI Servizo de Infraestruturas da Coruña.

Beneficiario: Autoestrada Costa da Morte, S.A. (Soc. Conc. Xunta de Galicia).

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas notificadas

Data do acto que se notifica

Número de

expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Hros. Anunciación Negreira Porteiro

Hros. Jesús Porteiro Cerdeiro

Manuel Álvarez Torrado

Manuel Álvarez Torrado

Luz Divina Lorenzo García

Hros. Basilio Lema Pena

Celia Elisa Lorenzo Rodríguez e 5 máis

Celia Elisa Lorenzo Rodríguez e 5 máis

Celia Elisa Lorenzo Rodríguez e 5 máis

Celia Elisa Lorenzo Rodríguez e 5 máis

Ramona Tuña Sillero

Hros. Anunciación Negreira Porteiro

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

2017000474

2017000493

2017000495

2017000496

2017000498

2017000500

2017000552

2017000553

2017000554

2017000555

2017000556

2017000557

466

497

515

516

551A

634 A

84

89

132

147

504

544

525,72

3.042,52

7.644,11

3.677,61

7.370,66

404,15

2.725,39

1.296,35

1.744,68

3.410,52

21.402,83

17.200,43