Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2018 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2017000210 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou da publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata ser resolto o recurso de reposición ou se entender presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, Santiago de Compostela, 15781.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01213, Eixo de comunicacións A-52-fronteira portuguesa. Treito I: Vac A-52-Celanova Sur. Clave: Ou/01/101/01.75.1.

Concello: Celanova. Provincia: Ourense.

Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial Estradas de Ourense.

Beneficiario: Autoestrada Ourense Celanova (Aucel).

Acto notificado: acordo de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Dolores Feijóo Rodríguez

Hros. Avelino López Arias

Camilo Díaz Camiña

26.10.2017

26.10.2017

26.10.2017

2017000210

2017000452

2017000457

3560

3132 CO

2808

116,34

264,60

2.126,75