Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8570

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

EDICTO (360/2017).

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Pontevedra estase a tramitar o recurso 360/2017 (procedemento abreviado), interposto por Ana Isabel Fuentes García contra a aprobación definitiva da relación dos postos de traballo do Concello de Tomiño, aprobado polo Pleno o 5 de outubro de 2017.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Tomiño, 26 de xaneiro de 2018

Sandra González Álvarez
Alcaldesa