Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (970/2015).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 970/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan José León Baeza contra Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L. sobre ordinario, se ditou Resolución do 11.10.2017, contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transportes y Comunicaciones Mediodía, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza