Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8364

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo polo que se modifica o convenio colectivo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg).

Visto o acordo polo que se modifica o convenio colectivo da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) (código 82100021012015), subscrito na reunión que tivo lugar o 29 de setembro de 2017, entre os representantes da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg) e as organizacións sindicais UGT e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo,

A Secretaría Xeral de Emprego

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Rexcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010.

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego