Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de setembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a un interesado da solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e da súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), emprazadas no concello da Pastoriza (Lugo).

A empresa Norvento Energía Distribuida, S.L. formulou a solicitude de autorización administrativa de construción e de declaración de utilidade pública para as instalacións do parque eólico experimental NED 1ª fase (200 kW) e a súa liña eléctrica de evacuación de media tensión (20 kV), sitas no concello da Pastoriza.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Predio do proxecto nº

Zona

Polígono

Parcela

Concello

Interesado

Acto que se notifica

17

7

2

58

A Pastoriza

Rosendo Alonsos Lorenzo

Solicitude de utilidade pública