Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de xaneiro de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 29 de decembro de 2017, ditada no expediente sancionador da Coruña AC-265/17, por infracción leve en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luís Martínez Sieira, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción leve correspóndelle á xefa da Área Provincial da Coruña da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 26 dos estatutos da devandita axencia, respecto do artigo 4 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a citada axencia e se aproban os seus estatutos (DOG nº 193, do 9 de outubro) e respecto do artigo 119.1.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador deberá notificarse no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme co establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, coa advertencia de que, de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e, ademais, pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 24 de xaneiro de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 11.5.2017)
Mª Teresa Zas Candame
Xefa da Sección Turismo I da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-265/17.

Denunciado: Brais Sánchez Ansedes.

DNI: 79346116A.

Establecemento: Oxido.

Enderezo: rúa Queiroga, 2, Perlío.

Localidade: Fene.

Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra a) e artigo 109.6 da Lei 7/2011.

Incoación: 29 de decembro de 2017.

Sanción: multa de trescentos euros (300 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: douscentos corenta euros (240 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: cento oitenta euros (180 €).