Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8484

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña

EDICTO (591/2016).

Eu, Mónica Rubia López, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, fago saber que neste órgano xudicial se seguen autos de xuízo ordinario 591/2016, seguido por instancia de Santander Consumer EFC, S.A. fronte a María Reyes González Fernández, en que se ditou sentenza o 16 de xuño de 2016.

Ao estar a dita demandada en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Indícase que o interesado se poderá dirixir a esta oficina do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, co fin de ter coñecemento íntegro do acto. Fáiselle saber que contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo de vinte días.

A Coruña, 14 de novembro de 2017

A letrada da Administración de xustiza