Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8489

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 160/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 160/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Soraya Blanco Souto contra Pescados Castro Varela, S.L.U., sobre ordinario, se ditaron dilixencia de ordenación, auto en que se despacha execución e decreto do 15.1.2018, impugnables en reposición no prazo de tres días, que están ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Castro Varela, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de xaneiro de 2018

O letrado da Administración de xustiza