Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8539

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración sucesiva de válvulas e outros implantes cardíacos (expediente MS-EIV1-18-001).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración sucesiva de válvulas e outros implantes cardíacos.

c) División por lotes: si, 14 lotes.

d) Lugar de entrega: ver punto 14 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: 2 anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 33182220-7.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificadas no punto 11 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 6.301.104,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 2.625.460,00 €. IVE: 262.546,00 €. Importe total: 2.888.006,00 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do lote adxudicado, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver punto 16 e 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: 5.3.2018.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: cinco meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura pública dos sobres B e C.

b) Enderezo: Sala de Xuntas Hospital Nicolás Peña, avenida das Camelias nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario, ver punto 26 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 23.1.2018.

Vigo, 23 de xaneiro de 2018

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo