Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 6 de febreiro de 2018 Páx. 8471

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único. Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Importe aportado
polo IGVS

Data
sinatura

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Parada do Sil para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

602.236,19 €

3.10.2017

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Boiro para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

1.050.394,36 €

29.11.2017

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Barco de Valdeorras para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

133.435,76 €

29.11.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Mondoñedo para a concesión directa dunha subvención para a rehabilitación do inmoble situado na Praza dos Muíños de arriba, núm. 39, en Mondoñedo.

30.000 €

18.12.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo, mediante o que se prorroga a vixencia do Consorcio Casco Vello de Vigo.

80.000 €

26.12.2017