Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 15 de xaneiro de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente CO-RES-2017-0001.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na sede desta dirección xeral, sita no edificio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, San Lázaro, s/n, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: CO-RES-2017-0001.

Interesados: Rocorelpi, S.L. e María Jesús Tarrío Caneda.

Acto notificado: resolución.