Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oza-Cesuras

ANUNCIO de licitación do contrato, mediante xestión indirecta, modalidade concesión, do servizo de abastecemento de auga potable no ámbito territorial do antigo muncicipio de Cesuras.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Oza-Cesuras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: xestión indirecta, modalidade concesión, servizo de abastecemento e auga potable no antigo municipio de Cesuras (Oza-Cesuras).

b) Lugar de execución: termo municipal do antigo municipio de Cesuras.

c) Prazo de execución: 5 anos.

f) Admisión de prórroga: por mutuo acordo das partes antes da súa finalización por períodos anuais, sen que a duración total do contrato, incluídas as prórrogas, poida exceder os 9 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multiplicidade de criterios de valoración.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos na cláusula 17.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato:

a) Valor estimado do contrato: 457.141,68 euros (9 anos).

b) Tipo de licitación: véxase cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información:

a) Dependencia: Secretaría.

b) Domicilio: Lois, nº 33, Oza.

c) Localidade e código postal: Oza-Cesuras, 15388.

d) Teléfono: 981 79 20 00.

e) Fax: 981 79 20 25.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data e hora límite fixada para a recepción de ofertas aos interesados que o soliciten cunha antelación mínima de 24 horas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase cláusula 18.1.1.6) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 20 días naturais, contados desde a última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que se deberá presentar: véxase cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Concello de Oza-Cesuras.

2º. Domicilio: Lois, nº 33, Oza.

3º. Localidade e código postal: Oza-Cesuras, 15388.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Oza-Cesuras.

b) Domicilio: Lois, nº 33, Oza.

c) Localidade: Oza-Cesuras.

d) Data e hora: anunciarase no perfil de contratante.

10. Outras informacións: obriga de subrogación como empregador do concesionario (véxase cláusula 40 do prego de cláusulas administrativas particulares, ao que debe engadirse a actualización salarial do 1 % prevista na Lei 3/2017, do 27 de xuño, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2017, e o custo de seguridade social da empresa).

11. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

12. Portal informático ou páxina web onde poden obterse os pregos:

www.concellodeozacesuras.es

Oza-Cesuras, 5 de xaneiro de 2018

O alcalde
P.S. (Resolución do 22.12.2017)
Andrés Taboada Marante
Alcalde en funcións do Concello Oza-Cesuras