Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de implantación e posta en funcionamento dos proxectos tecnolóxicos no eido do transporte público, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0068).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto é a contratación do servizo de implantación e posta en funcionamento dos proxectos tecnolóxicos no eido do transporte público, consistente na coordinación, xestión, seguimento e monitorización das actividades e proxectos incluídos no Plan Tecnolóxico de Modernización do transporte público en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 3 de agosto de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 78.099,17 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 78.099,17 €, máis 16.400,83 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 94.500,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 26.10.2017.

b) Data de formalización do contrato: 13.11.2017.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe de adxudicación: 84.652,81 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia