Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 5 de febreiro de 2018 Páx. 8246

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, tramitación ordinaria e documentalmente simplificada, do contrato de subministración, por lotes, de trinta e catro vehículos destinados aos servizos centrais e periféricos do ente público Portos de Galicia, suxeito a regulación harmonizada (expediente 1/2018/CNTSU).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: entidade pública Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contabilidade e Tesourería.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: entidade pública Portos de Galicia. División de Contratación.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

4º. Teléfono: 881 99 52 70.

5º. Correo electrónico: laura.gonzalez.gurgueiro@xunta.gal

6º. Enderezo da internet do perfil de contratante: o prego tipo de cláusulas administrativas particulares (PCAP), o de prescricións técnicas particulares (PPT) e o cadro de características do contrato (CCC) poderán obterse no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=253220

Neste perfil poderase facer o seguimento das diversas fases do procedemento de contratación.

7º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas, establecida no número 8.a) deste anuncio.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: o presente contrato ten por obxecto a subministración de 34 vehículos, divididos en 3 lotes en función das diferentes características dos vehículos, coas especificacións técnicas recollidas no PPT, así como a recollida dos vehículos que se van substituír, que deberá levarse a cabo nas condicións indicadas no PPT.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: o contrato divídese en 3 lotes, descritos no PPT. Lote nº 1: un (1) vehículo tipo turismo compacto de 5 portas. Lote nº 2: cinco (5) vehículos tipo turismo (3 volumes) de 4 portas. Lote nº 3: vinte e oito (28) vehículos tipo turismo utilitario compacto de 5 portas.

d) Lugar de execución/entrega: respecto ao lugar de entrega dos bens subministrados, así como o de retirada dos vehículos que se van substituír, observarase o disposto no número 20 do CCC e no PPT.

e) Prazo de execución/entrega: sesenta (60) días naturais, contados desde a data de formalización do contrato.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto; sistema multicriterio.

c) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa determinarase en virtude da aplicación dos criterios establecidos no punto 14.1.A/ do CCC, que serán valorados segundo o disposto no anexo II do CCC.

4. Valor estimado do contrato: 363.520,00 euros, IVE excluído.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto total: 363.520,00 euros. Importe neto por lotes: lote 1: 20.600,00 euros; lote 2: 73.000,00 euros; lote 3: 269.920,00 euros.

b) Importe total do IVE (21 %): 76.339,20 euros.

6. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non procede.

b) Solvencia económica ou financeira e técnica e profesional: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia conforme o disposto no número 9.2 do CCC.

c) Outros requisitos de capacidade: os licitadores deberán cumprir todos os demais requisitos que, de ser o caso, estean especificados tanto no PCAP como no PPT.

d) Requisitos específicos para exixir ao adxudicatario: os exixidos no número 9.4 do CCC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións finalizará ás catorce (14.00) horas do día 19 de marzo de 2018.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro dos Servizos Centrais de Portos de Galicia.

2º. Domicilio: praza de Europa, 5-A, 6º.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

Tamén poderán envialas por correo certificado dentro do prazo de admisión sinalado, conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, cumprindo cos requisitos establecidos na cláusula 4.4.1 do PCAP (teléfono 881 95 00 95; fax: 981 54 53 24).

Respecto da posibilidade de presentación de ofertas a través do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, observarase o disposto na cláusula 4.4.1 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 4.5 do PCAP e no número 12 do CCC.

d) As proposicións presentaranse en dous (2) sobres pechados (A e C), de acordo co disposto nos números 12 e 30.3 do CCC. Deberá presentarse un sobre C por cada lote a que se opte.

e) Admisión de variantes: non se admite a súa presentación.

f) Melloras: poderán ofertarse melloras sobre as condicións mínimas obrigatorias indicadas no PPT, sempre que estas estean referidas a aqueles aspectos recolleitos no número 5 do CCC.

g) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións económicas.

9. Apertura de ofertas:

a) Dirección: sala de xuntas da EPPG, praza de Europa, 5-A, 6º (Área Central, polígono das Fontiñas).

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707.

c) Data e hora: a data e a hora de realización dos actos públicos de apertura dos sobres C e as de calquera outro acto público publicaranse, coa debida antelación, no perfil de contratante.

Se por algún motivo houbese que modificar a data de realización dalgún acto público, reflectirase a nova data no perfil de contratante.

10. Gastos de publicidade: os gastos que deriven da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30.1.2018.

12. Outras informacións: a mesa, en cumprimento do disposto na cláusula 5.1.b.1 do PCAP, examinará e cualificará a documentación administrativa do sobre A e comunicará ao licitador e publicará no perfil de contratante os defectos observados, co fin de que, se fose o caso, se emenden dentro do prazo que se indique.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2018

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia