Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xaneiro de 2018 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.60296.

Na data do 12 de decembro de 2017 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Jesús Gómez Barreiro (t.m. Brión).

Intentada a notificación dos devanditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Por tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícase o requirimento ao interesado e fáiselle saber que unha copia del está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do devandito requirimento, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia