Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 4 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución ditada nun expediente tramitado por esta entidade (2017/17/27).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada a resolución ditada polo xefe territorial no expediente administrativo instruído conforme o disposto nos artigos 172.2 e 173 bis 2.b) do Código civil, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a notificación por causas non imputables á Administración ou por descoñecer o domicilio desta.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada, ou dos seus representantes debidamente acreditados, no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, andar baixo, onde no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderán comparecer, para os efectos de ter coñecemento do contido íntegro da resolución, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolles que, de non facelo, se terán por notificadas.

A persoa interesada ou os seus representantes, debidamente acreditados, poderán interpoñer recurso contra a resolución recaída no expediente, a cal é definitiva en vía administrativa, ante o Xulgado de Primeira Instancia de Lugo que por quenda lle corresponda, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte á data da súa notificación, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co artigo 780.1 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Lugo, 4 de xaneiro de 2018

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2017/17/27.

Persoa interesada: Israel Filipe da Costa Pereira.

Enderezo actual: rúa Primavera nº 24,1º B, 27002 Lugo.

Asunto: Resolución do 15 de decembro de 2017.

Efectos: mantemento da medida administrativa e modificación do recurso.