Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dos contratos de subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 5. Prioridade 52.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2017-SUEI 01 a 04-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=137917

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministracións.

b) Descrición: subministración de equipamento diverso para emerxencias, destinado aos concellos de menos de 50.000 habitantes, que dispoñan de agrupacións de voluntarios de protección civil (4 lotes), cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixe 5. Prioridade 52.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: adquisición de 10 vehículos todo terreo tipo pick-up.

Lote 2: adquisición de 19 remolques de emerxencias.

Lote 3: adquisición de 7 embarcacións pneumáticas de salvamento e rescate.

Lote 4: adquisición de 9 baúis de salvamento.

d) CPV. Lote 1: 34113200-4: vehículos todo terreo; 34144200-0: vehículos de emerxencia; 34114110-3: vehículos de salvamento; 34131000-4: furgonetas con caixa aberta (pick-ups).

Lote 2: 34220000-5, remolques, semirremolques e contenedores móbiles.

Lote 3: 34522450-1, embarcacións pneumáticas.

Lote 4: 34221100-3, unidades móbiles para incidentes.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea, Boletín Oficial del Estado e Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 4.4.2017, 27.4.2017 e 10.5.2017.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato para os catro lotes: 700.247,93 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto para os catro lotes: 700.247,93 €.

Importe total para os catro lotes: 847.300,00 €. Desagregado do seguinte xeito:

Lote 1: 357.000,00 €.

Lote 2: 307.800,00 €.

Lote 3: 120.400,00 €.

Lote 4: 62.100,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 3 de agosto de 2017.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 19 de setembro de 2017.

Lote 2: 18 de setembro de 2017.

Lote 3: 14 de decembro de 2017.

Lote 4: 18 de setembro de 2017.

c) Contratistas:

Lote 1: Fergil Auto, S.L.U.

Lote 2: Maquinaria Agrícola Carpintero, S.L.

Lote 3: Astec Náutica, S.L.

Lote 4: Coruña Zona Verde, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1: 353.199,00 €.

Lote 2: 297.539,00 €.

Lote 3: 108.399,06 €.

Lote 4: 60.500,00 €.

e) Vantaxes das ofertas adxudicatarias: ofertas economicamente máis vantaxosas.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza