Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 2 de febreiro de 2018 Páx. 7827

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 165/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 165/2017, por instancia de Roberto Carlos Vaz Rodríguez contra a executada Manuel Lombardía Rodríguez, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 11 de xaneiro de 2018 decreto de insolvencia, no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 18.361,72 euros de principal, máis 765,89 euros en concepto de xuros de mora, máis 1.912,76 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2018

A letrada da Administración de xustiza