Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7415

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello no terceiro cuadrimestre do ano 2017.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase darlle publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no terceiro cuadrimestre do ano 2017, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2018

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello
da Cultura Galega

Data sinatura

Acordo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega para a elaboración de materiais de diagnóstico sobre a situación da cultura galega

Sen achega económica

13.9.2017