Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 18 de xaneiro de 2018, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente 15R003/873/2015.

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; logo de intentada a notificación persoal, de acordo co artigo 40 da dita Lei 39/2015, sen que esta se puidese efectuar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto adoptouno o órgano arbitral colexiado que se designou para tal efecto.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante a unidade do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, con enderezo na praza Camilo José Cela, s/n (Edificio Administrativo), de Ferrol, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 18 de xaneiro de 2018

Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente número: 15R003/873/2015.

Interesado: Manuel Francisco Fernández Castro Cancela.

NIF: 32626546B.

Acto notificado: laudo arbitral do 19.4.2017.