Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7492

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2018 pola que se anuncia a contratación polo procedemento aberto e suxeito a regulación harmonizada, con tramitación ordinaria e anticipada de gasto, dos servizos técnicos para a realización dos acordos de reestruturación e colocación dos marcos dos novos predios resultantes en sete zonas de reestruturación parcelaria (expediente 12/2018).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos técnicos para a realización dos acordos de reestruturación e colocación dos marcos dos novos predios resultantes.

c) División por lotes e número: si. Sete. Lote 1: Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra), ST-5318. Lote 2: Cercio (Lalín-Pontevedra), ST-5319. Lote 3: Nogueira (Meis-Pontevedra), ST-5320. Lote 4: Briallos (Portas-Pontevedra), ST-5324. Lote 5: Fisteus (Curtis-A Coruña), ST-5321. Lote 6: Benza (Trazo-A Coruña), ST-5322. Lote 7: Arantón-Santa Sabiña (Santa Comba-A Coruña), ST-5323.

d) Prazo de execución total: 18 meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato, sen prórroga.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 71300000-1.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto. Procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: o prezo máis baixo, sempre e cando non sexa declarado oferta desproporcionada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.762.175,02 €; IVE (21 %): 370.056,75 €. Importe total: 2.132.231,77 €; (a distribución por lotes especifícase no cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares).

Valor estimado: 1.762.175,02 €.

5. Financiamento: cofinanciado con fondos Feader nun 75 % (medida 4.3), nun 17,5 % pola Administración da Comunidade Autónoma de Galicia a través da Consellería do Medio Rural e nun 7,5 % a Administración xeral do Estado a través do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: os licitadores deberán acreditar a súa solvencia segundo o disposto nos puntos F.2 e F.3 do cadro de características do PCAP.

7. Garantías exixidas. Definitiva: 5 % do orzamento de licitación do lote correspondente, excluído o IVE. Lote 1: 13.208,75 €. Lote 2: 4.759,56 €. Lote 3: 21.738,50 €. Lote 4: 2.541,30 €. Lote 5: 24.188,98 €. Lote 6: 6.623,55 €. Lote 7: 15.048,11 €.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, 4, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 37 e 881 99 93 88 (consultas administrativas); 981 54 47 67 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47 .

e) Correo electrónico: licitacion.mediorural@xunta.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=250045

9. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 5 de marzo de 2018.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Xeral e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela); poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47), ou ben ao enderezo de correo electrónico licitacion.mediorural@xunta.gal.

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: salón 2 (salón pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 19 de marzo de 2018.

11. Gastos de publicidade: os custos dos anuncios no DOG e no BOE serán por conta do adxudicatario.

12. Outras informacións: poderase licitar a varios lotes conxuntamente (a un máximo de 4, tendo en conta o establecido no cadro de características deste prego). Requírese un compromiso de adscrición de medios persoais mínimos necesarios (artigo 64.2 TRLCSP).

13. Data de envío do anuncio ao DOUE: 24 de xaneiro de 2018.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2018

A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural