Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 1 de febreiro de 2018 Páx. 7514

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 17 de xaneiro de 2018, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se da audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas dos Establecementos que se relacionan.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de quince (15) días para faceren as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copias dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018

A xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
P.S. (Resolución do 11.5.2017)
María Teresa Zas Candame
Xefa da Sección de Turismo I da Coruña

ANEXO

Establecemento: café bar El Ferrolano.

Titular: José Manuel Franco Montouto.

Enderezo: rúa Dolores, 8.

Concello: Ferrol.

Establecemento: café bar Las Palmeras.

Titular: María Inmaculada Cerrada Domínguez.

Enderezo: rúa Carme, 13, baixo.

Concello: Ferrol.

Establecemento: café bar Jota Ele.

Titular: José Luis Soto Tato.

Enderezo: lugar Fonte Díaz, s/n.

Concello: Touro.

Establecemento: café bar Osmit.

Titular: María Dolores Martínez Villar.

Enderezo: lugar Fonte Díaz, s/n.

Concello: Touro.