De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a denunciada, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a resolución do procedemento administrativo sancionador por infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
O órgano competente para a resolución do expediente é o director do ente público, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG núm. 146, do 1 de agosto).
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o presidente do Consello de Administración segundo o establecido no acordo de delegación de competencias do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia, publicado por Resolución do 1 de setembro de 2008 no DOG núm. 190, do 1 de outubro. O prazo para interpoñer este recurso é dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.
Transcorrido o devandito prazo, a resolución sancionadora devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario o importe da sanción, dentro do prazo establecido no artigo 62 da Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria (BOE núm. 302, do 18 de decembro), mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), empregando o modelo impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia.
De non efectuarse o ingreso no devandito prazo, procederase á súa exacción por vía executiva.
Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2018
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Matrícula Denunciante |
Denunciada Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Importe da sanción |
Sanc. 12-48-17-138 8573FLM Gardapeiraos |
Vanessa Méndez Somoza R/ Pedreira, nº 21, Camiño Ancho 15940 A Pobra do Caramiñal A Coruña |
Estacionamento prohibido. 20.7.2017; 10.30 horas Ribeira (A Coruña) |
Art. 306.1 a) R.D.Lex. 2/2011 TRLPEMM Arts. 17 e 64 OM 12.6.1976 |
Art. 312 R.D.Lex. 2/2011 TRLPEMM |
90 € |