Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7146

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 15 de xaneiro de 2018 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/31/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a José Manuel Otero Castiñeira e a Rocío Méndez Rodríguez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/31/2016-RP1, en relación coas obras consistentes nunha construción de planta baixa de tipoloxía residencial, no lugar de Sobrado, parroquia de Líncora, no termo municipal de Chantada, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes.

Para que conste e sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística