Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7137

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 1 de decembro de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a citación no procedemento BS210A (expediente VI-000060069 e un máis).

Logo de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes, o acto administrativo citado no anexo.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do órgano de valoración da dependencia de Vigo, sitas na rúa Numancia, 3, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírteselles que, de non se presentaren á cita, e de conformidade co establecido no artigo 27.3 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito a prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do Programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, unha vez transcorridos tres meses sen realizar as actividades necesarias para continuar coa tramitación se producirá a caducidade do procedemento pola paralización imputable ás persoas interesadas e se acordará o arquivamento das actuacións, logo da resolución que lles será notificada.

Vigo, 1 de decembro de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

VI-000060069

Nogueiro Vázquez, Alejandro

(34110189Q)

Citación BS210A

25.9.2017

VI-000060313

Gómez Estévez, Matilde

(35524203J)

Citación BS210A

16.10.2017