Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7118

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de xaneiro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, do requirimento de documentación do expediente ASC sen OCA/7 (RAE 24611) e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase este anuncio que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, son informados os interesados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro dos actos, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: ASC sen OCA/7 (RAE 24611).

Interesada: C.P. Plazuela Cortaduría, 3.

NIF: H15936123.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.

Expediente: ASC sen OCA/4 (RAE 15664).

Interesado: Manuel Blanco Cundins.

NIF: 76316713E.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Santa Cristina.

Expediente: SAI BT Actas 2017/259.

Interesada: Carballosa, S.L.

NIF: B15273790.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Porto do Son.