Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 6833

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión de carácter técnico á Axencia Galega de Infraestruturas, relativa ao expediente de contratación para a adxudicación do contrato da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

De conformidade cos artigos 8 e 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Vivenda á Axencia Galega de Infraestruturas para a realización de traballos técnicos que se susciten no expediente de contratación para a adxudicación do contrato da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela, que ten as seguintes características:

– Obxecto: encomenda de xestión da Consellería de Infraestruturas e Vivenda á AXI para a realización dos seguintes traballos:

Na fase de aprobación do proxecto:

• Informe de supervisión do proxecto relativo á obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

Na fase de licitación do contrato de obras:

• Elaboración do informe técnico de valoración das ofertas técnicas presentadas, incluídos os informes relativos a posibles baixas desproporcionadas.

Na fase de execución do contrato de obras:

• A dirección do contrato, como responsable deste, correspondéndolle as facultades atribuídas polo artigo 52 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

• Sen prexuízo das funcións que lle correspondan ao director facultativo das obras, no suposto da existencia dun modificado sobre o contrato de obras a AXI, a través dos seus órganos técnicos, deberá emitir o correspondente informe técnico.

• A comprobación da implantación do proxecto.

• En relación coa tramitación das certificacións de obra e, de ser o caso, coa liquidación do contrato, sen prexuízo das funcións que ao respecto correspondan ao director facultativo, estas deberán ser visadas polo responsable do contrato.

Calquera outro informe de carácter técnico que en relación con este contrato de obras sexa solicitado polo órgano xestor.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao realizarse entre órganos (Consellería de Infraestruturas e Vivenda e Axencia Galega de Infraestruturas) dotados de personalidade xurídica propia e ser a Axencia Galega de Infraestruturas medio propio e servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e dos poderes adxudicadores dependentes dela.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura ata a extinción do contrato.

– Supostos en que procede a finalización anticipada da encomenda: incumprimento total ou parcial dalgunha das partes ou mutuo acordo.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2017

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda