Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 6949

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2017/18.

BDNS (Identif.): 382748.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas axudas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos que establece esta resolución e teñan formalizada a matrícula para realizar estudos complementarios para a obtención, no curso 2017/18, dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Segundo. Obxecto

Outorgamento, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas á matrícula para os/as alumnos/as que teñan finalizados os estudos de gran diploma de Xestión e Dirección de Empresas Hosteleiras ou diploma superior en Xestión Hoteleira do Centro Superior de Hostalaría de Galicia e vaian realizar estudos complementarios para a obtención, no curso 2017/18, dun título oficial de Dirección Hoteleira no estranxeiro.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas ao alumnado do Centro Superior de Hostalaría de Galicia para cursar estudos complementarios para a obtención dun título oficial en Dirección Hoteleira no estranxeiro no curso 2017/18.

Cuarto. Importe

A contía é de 60.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 04.A2 761A 480.0, proxecto 2015 00006, financiada con fondos propios da Comunidade Autónoma.

Ao abeiro desta convocatoria concederanse un máximo de 20 axudas de estudos, cunha contía máxima de 3.000 euros por alumno, sen que, en todo caso, esta cantidade supere o 40 % do importe da matrícula.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Prazo de aceptación ou renuncia á axuda

O prazo para a aceptación ou renuncia á axuda será de 10 días hábiles desde a notificación da resolución da concesión.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia