Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 6927

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 382780.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

Primeiro. Entidades beneficiarias

Empresas do sector turístico de Galicia que se agrupen para colaborar e que, polo menos unha delas, estean inscritas, conforme estableza a normativa turística, no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT), de acordo cos artigos 50 e 51 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, que teñan a condición de microempresas e sexan entidades privadas autónomas galegas situadas no ámbito rural de Galicia, constituídas baixo calquera forma xurídica admisible, co obxecto de practicar de maneira efectiva a colaboración na súa actividade comercial, con domicilio social ou sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén poderán ser beneficiarios das subvencións os consorcios, as asociacións e calquera outra forma de personificación xurídica xa constituída, en que estean asociadas as empresas do sector turístico de Galicia e que, polo menos unha delas, estea inscrita no REAT.

Segundo. Obxecto

Fomento da cooperación entre pequenos operadores turísticos para colaboraren na organización de procesos de traballo conxuntos e compartiren recursos de cara ao desenvolvemento e á promoción do turismo.

Os proxectos subvencionables consistirán no deseño, na creación e na promoción de produtos turísticos de Galicia.

Os produtos turísticos terán carácter innovador e deberán axustarse a algunha das liñas temáticas seguintes:

a) Produtos cabeceira de marca de Galicia.

Os produtos cabeceira de marca de Galicia, que poden ser consultados na páxina web oficial de Turismo de Galicia, na epígrafe denominada «experiencias» http://www.turismo.xunta.gal.

– Camiño de Santiago.

– Bosques de Galicia (natureza).

– Mananciais de Galicia (termalismo).

– Paseando entre viñedos (enogastronomía).

– Turismo mariñeiro.

– Ruta das camelias (xardíns de Galicia).

– Faros e praias salvaxes.

– Patrimonio oculto.

– Santuarios máxicos.

b) Produtos destinados á creación de oferta de turismo familiar.

c) Produtos destinados á creación de oferta para o turismo sénior.

d) Produtos destinados á xeración dunha oferta distintiva que se acomode ao concepto «que facer en Galicia cando chove».

e) Produtos innovadores e de descubrimento de novos nichos de mercado.

f) Creación de rutas turísticas innovadoras.

g) Produtos construídos baixo a idea da cultura celta de Galicia.

h) Produtos baseados na creación de fins de semana, pontes ou outros períodos temporais de carácter temático.

i) Produtos que se desenvolvan e valoren turisticamente os núcleos históricos de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións á cooperación entre pequenos operadores turísticos para organizar procesos de traballo conxunto e compartir instalacións e recursos, así como para o desenvolvemento e a comercialización do turismo, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020, e se anuncia a súa convocatoria para o ano 2018.

Cuarto. Importe

Contía de 666.667 €, con cargo á aplicación orzamentaria 04 A2 761A 770.0, proxecto 2016 00007, cofinanciada nun 75 % por fondos Feader, nun 22,5 % por fondos propios da Comunidade Autónoma e nun 2,5 % con fondos do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Prazo de xustificación da subvención

O prazo para a xustificación da subvención rematará o 1 de outubro de 2018.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia