Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2018 Páx. 7150

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de custodia e xestión do arquivo de documentación clínica desta xerencia (expediente AB-ASF1-17-010).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación Administrativa).

c) Número de expediente: AB-ASF1-17-010.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de custodia e xestión do arquivo de documentación clínica da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) Lotes (se é o caso): lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 79560000-7.

e) Acordo marco (se é o caso): non.

f) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

g) Boletíns ou diarios oficiais e datas de publicación dos anuncios de licitación:

– DOUE 2017/S 183-376204, do 23 de setembro de 2017.

– BOE nº 238, do 3 de outubro de 2017.

– DOG nº 193, do 10 de outubro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.078.168,05 €.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 507.373,20 €; IVE: 106.548,38 €; importe total: 613.921,58 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 4 de decembro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 29 de decembro de 2017.

c) Contratista: Severiano Servicio Móvil, S.A.

d) Importe de adxudicación:

– Importe adxudicado sen IVE: 502.299,47 euros.

– Importe adxudicado con IVE: 607.782,36 euros.

Ferrol, 8 de xaneiro de 2018

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol